Thursday 09 de May de 2024

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE AS ITVs AGRÍCOLAS


SyC-Itv Applus+ informou hai escasos minutos da modificación das datas das itvs móbiles de vehículos agrícolas que se lle comunicaran ao Concello hai tan só uns días. As novas -que figuran desde esta mañá na web de citas previas- son:

Igrexafeita – Pista polideportiva da Torre:
15 de decembro de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00h.
16 de decembro de 9.00 a 13.30h.

Santa Mariña – Explanada ao carón da igrexa parroquial, en Moimentos:
18 de decembro de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00h.

As persoas de zonas limítrofes con Moeche e Narón deben ter en conta que as itvs móbiles tamén asentarán a eses municipios os seguintes días:

Moeche – Recinto feiral de San Ramón (mesmas datas):
9 de decembro de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00h.
10 de decembro de 9.00 a 13.30h.

Pedroso – Campo da Festa (nova data):
21 de decembro de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00h.

As citas hai que solicitalas a través do 902 309 000 ou da web www.sycitv.com.